O pasado martes, día 22 de novembro celebrouse o DÍA DA MÚSICA. Non quixemos ser menos e en 4ºC fixemos un pequeno concerto no que participaron Darío, Diana, Tania, Daniela e Jezabel, a mamá de Diana, que aceptou a nosa invitación para participar nesta pequena celebración da música, que nos amansa e nos entretén.
Diana tocou o piano e o violín, Darío o saxofón. Tania e Daniela cantaron dúas cancións acompañadas polas panderetas.
Esperamos que non sexa a última vez que teñamos a oportunidade de gozar da beleza da música diante do nariz. Pero mentres non chega o momento, aquí deixamos unha mostra do que pasou ese día.
Grazas a todos.
0 comentarios:
Publicar un comentario